19.04.2023

Xogatri 2023

Xa está aberta a preinscición para o Xogatri 2023.

Prazas limitadas por orde de inscrición. Prezo 60€

Cubre o Formulario

23.03.2023

Elecciones

 

Una vez terminado el plazo de presentación de candidaturas, la única recibida es la de José A. Formoso Pita (Cali) para Presidente

Según figura en el punto 6º de la normativa electoral

«En caso de que existiera una sola candidatura que reúna los requisitos establecidos, sus componentes serán proclamados, Presidente y miembros de la Junta Directiva, tras la constitución de la Asamblea y sin necesidad de llevar a cabo la votación»
 

24.02.2023

Elecciones a Presidente

La Junta Directiva en su reunión del día 23/02/2023, DISPONE la convocatoria de elecciones de Presidente y Junta Directiva  

23.12.2022

Tramitación Licenza 2023

Documentación para o Club

Documentación necesaria para a tramitación de licencias de Deportista

1 Foto tamaño carnet (Válida en formato digital)

Copia do DNI en vigor do/a deportista (dúas caras) . Os Menores de idade engadirán copia DNI do/a asinante.


03.02.2019

Venres 8 de febreiro a 20:00 en 1ª convocatoria e ás 20:30 en 2ª convocatoria. 

Lugar: Local A. VV. Ferrol Vello

Orde do día:

Presentación Xunta Directiva

Lectura e aprobación acta anterior

Estado de contas e orzamento 2019

Proxecto deportivo 2019

Rogos e preguntas

convocatoria asamblea

17.06.2018

A mala sorte na transición deixa fóra da Copa do Mundo de Amberes a Inés Santiago

A ferrolá Inés Santiago non puido rematar a Copa do Mundo de Amberes despois de que se lle caeran as calas da bici coa perda de tempo que supón recuperarse e os pelotóns xa fóra do seu alcance.

A canteirá do Triatlón Ferrol saíu da auga cun tempo espectacular que lle daba posibilidades de rodar coas mellores pero ao coller a bicicleta, unha zapatilla caeulle, tivo que volver atrás recollela e aí perdeu varios grupos. Continuou ata que nunha curva cunha pendente, quedou atrás soa, de última e decidiu retirarse.

“Vin que saía con xente moi boa, ía contenta porque por primeira vez esta temporada nadara ben e desengánchaseme a cala na transición”, lamentou con deportividade e impotencia Inés Santiago.

10.06.2018

Dez medallas para a Escola Javi Gómez Noya no Tríatlon de menores de Sada

Ampla e exitosa representación da Escola Javi Gómez Noya no Tríatlon de menores de Sada onde os canteiráns ferroláns conseguiron dez medallas.

A nivel individual, promesas habituais dos podios repetiron medallas este domingo cos ouros da benxamín Noa Souto e dos alevíns Alejandro Rodríguez e María Filgueiras, ademais da prata da tamén alevín Lucía Piñón e o bronce do cadete David Campos.

Por clubs, os alevíns dominaron as súas probas gañando en categoría feminina e sendo segundas na masculina. Os cadetes tamén se colgaron o ouro por equipos e as pratas foron para os conxuntos infantil masculino e feminino da base do Triatlón Ferrol.

A Escola Javi Gómez Noya seguirá adestrando para a gran cita do ano: o campionato galego de tríatlon de menores que o 21 de xullo se celebrará en Ferrol.